Re-Inauguración dos locais da Oficina da Cámara Agraria

Estimados amigos:

En Castroverde contamos cun local do que era a Cámara Agraria, que pola súa situación de abandono, non prestaba ningún servizo. Un dos compromisos que asumiu o B.N.G. cando se fixo cargo da Consellaría do Medio Rural foi o de rehabilitar este edificio para destinalo a Oficina Agraria Comarcal, mellorando así as súa capacidade e aforrando o pago do aluguer que ata hoxe se viña pagando pola súa antiga localización.

Tamén se habilitou para poder desenvolver nela todo tipo de actividades como xuntanzas, cursos, actos, etc….algo ata esta data inexistente en Castroverde.

Aquel compromiso é hoxe unha realidade e o vindeiro domingo 1 de Febreiro ás 12:00 horas, vaise proceder á súa inauguración por parte da Consellaría do Medio Rural estando convidados a este acto, ademais da corporación municipal, todos os veciños e veciñas de Castroverde.

Trasládoche esta información porque considero que é de interese que coñezas as posibilidades que ofrece estas novas instalacións e para que, se o consideras, participes de esta inauguración e convides a quen consideres oportuno

Sen máis, recebe un cordiall saúdo

Castroverde, 26 de febreiro de 2009.


Asdo. Paulo Ferreiro Tallón

Portavoz Municipal