Novas do percusionista de Castroverde Efraím Díaz

Como xa informamos Efraím Díaz gañou unha Bolsa para Primeira Obra de Caixa Galicia. As composicións están relacionadas coa percusión contemporánea, que é a carreira que agora está a finalizar no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Dita bolsa inclúe gastos para material, gastos para cd´s de percusionistas, compor 4 obras propias e de nova creación, un curso en Alemaña con N.J Zivkovic, un gran percusionista internacional e compositor, a gravación dun disco como solista cunha tirada de 1000 copias e 6 concertos en todas as sedes da Fundación polas diferentes cidades de Galicia.

Pódese ver algo da súa música en:
www.myspace.com/efraimpercu
e vídeos en:
www.youtube.com/efraimpercu
As novas, no blog :
www.martayefra.blogspot.com