Roteiro A Fonsagrada / A Póboa de Burón ata Montouto ou Paradavella (14-06-08)
Ás 09:00 h. Na praza de Castroverde.
Ás 9:30 h – 10:45 h. En Fonsagrada.
Ás 14:00 h. (Arredor desa hora). Xantar nun restaurante do Cádavo.
Para facilitar a organización:
Avisar antes do xoves, día 12 de xuño.
Agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo.
Asdo.: Manolo Muñiz
Castroverde -Lugo-, a 5 de xuño de 2008
NOTA:
1.- Trataremos de que haxa un autobús ao longo do percorrido.
2.- Temos dúas posibilidades, ir desde A Póboa de Burón, ou ben desde A Fonsagrada
polo Camiño Primitivo, paralelo á Estrada.
3.- Tempo impredicible. Estado do camiño (nin idea).
Variante por Pobra de Burón
Extensión 14 km
Á saída da Pobra de Burón, concentrábase un núcleo fundamental nas leproserías baronesas, comezando pola desaparecida igrexa románica da Bastida, o hospital de San Lázaro, así como as denominadas Hortas de San Lázaro e as Casas dos Leprosos.
O Camiño continúa polos altos cumes do Muradal. En Xestoso de Palfito é onde se atopaba un lazareto románico que desapareceu na segunda metade do século XX. A subida até o pé do Muradal lévanos ao encontro da serra de Legua Seca pola denominada Lomba das Modorras, comezando o descenso ao pasar polo Hospital Vello de Montouto, que marca a meirande inflexión orográfica nesta antiga verea.
A entrada ao recinto de Montouto Vello- con grande tradición xacobea- efectúase polo menhir de Pedra Labrada, marco divisorio e sinal para camiñantes perdidos nas severas invernías que sacoden a montaña, onde Pedro I “O Cruel” funda contra 1357 o Hospital Real de Santiago de Montouto, refuxio desprazado máis abaixo a finais do século XVII.
Variante por San Xoán de Padrón
Extensión 14 km
Pouco despois de Padrón, o Camiño Primitivo pasará a formar xunto co camiño de Castela unha importante encrucillada en Santa Cruz, de onde parten os peregrinos cara ao poñente, ao pasaren polas capelas de Santo Isidro de Vilardongo e de Santiago de Pedrafitelas. Acádase o recinto histórico de Montouto pola parte do mediodía da serra do Hospital.
A Fonte do Hospital saúda ao peregrino á súa chegada a Montouto, onde destaca o dolmen do Hospital, vulgarmente coñecido como Pedras Dereitas. Aquí conflúen as dúas vías alternativas de Póboa de Burón e A Fonsagrada.
O deseño do novo hospital de Montouto, construído en 1698, constaba de catro edificios cubertos de palla e lousa. Finalmente, logo de catro séculos de funcionamento, en 1171 transferirase a Santa María de Fonsagrada, por mor do seu estado ruinoso pola mala xestión e problemas de seguridade.
Deixa unha resposta