Roteiro polo Courel
Novamente, disfrutamos, hoxe 27 de outubro, dun día dos bos, e iso que xa estamos a finais de outubro. Como estaba previsto, saimos de Castroverde, camiño de Sárria onde nos agardaban os da Asoc. Arcas de Sárria, a quen dámos as grazas desde aquí.
Comezamos camiño de Samos, Aira-Padrón, para contemplar desde aquí as terras de Samos-Incio e Sarria, e por outro lado as terras de Lóuzara. Seguimos camiño do Courel ata preto de Meiraos onde comezamos a enxergar a paisaxe Courelá. O primeiro lugar de observación tivémolo frente ao Taro Branco, logo baixamos ata a igrexa de Meiraos, para seguidamente baixar a Seoane, e seguirmos para ir ao Roteiro da Devesa da Rogueira desde a Fonte (preto da estrada que leva a Visuña), ata o Miradoiro, pasando pola Fonte do Cervo. Que dicir da súa vexatación e vistas?, só dicimos, visíteno e enxérgueno, e sobre todo se hai a sorte dun bo día, difrúteno.
Logo de xantar, seguimos camiño de Folgoso do Courel, na subida puidemos voltar a ver as impresionantes vistas e paisaxe, lamentar o estrago que fan as aberturas de estradas, e a salvase explotación das canteiras, especialmente a que se vén de legalizar recentemente, logo de estar traballando ilegalmente despois de 28 anos. Seguimos camiño do Alto do Boi para baixar a Quiroga, e voltar a Sárria e Castroverde.
Saúdos.
Manolo Muñiz Lugo-Castroverde finais de outubro de 2007
Deixa unha resposta