Roteiro de Furís

A Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde convoca un roteiro a celebrar o

23 de xuño, sábado, de 2007

Itinerario

Desde a casa de Cantiz en Furís de Abaixo-subir a aldea de Arrubial (Parroquia de Páramo)-Augalevada-Murias-Pena Grande-Capela da Avelleira- Capela de Pereira-Muíños do Castelo-Croa e Croíña de Furís-Volta á casa de Cantiz.

– Ás 9:30 h. Vémonos na praza do Concello de Castroverde

Ás 10:00h. Saída desde a casa de Cantiz, co roteiro indicado arriba.

Tempo e quilómetros estimados: Roteiro planificado para todo o día. Distancia duns 10 Kms. Roteiro sen maiores dificultades.

Comida: Cada quen levará a súa comida e bebida, comeremos no camiño do roteiro. (Levade calzado axeitado, e todo o que vexades preciso)

Regreso pola media tarde. Dános tempo para ir á noite ao lume novo a onde queiramos, ou ben facelo nós á volta en Furís.

Para facilitar a organización:
Avisar antes do venres, día 22 de xuño de 2007 .

Agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo.

Manuel Muñiz
Castroverde -Lugo-, a mediados de xuño de 2007