Proxecto para facer un catálogo de árbores senlleiras do Concello de Castroverde

As árbores son un dos elementos máis singulares da paisaxe. O noso concello aínda conserva un bo patrimonio delas que temos que conservar e para conservar protexer. A nosa Asociación comeza un proxecto de censar e inventariar nun catálogo os exemplares mais senlleiros. Amigos do Patrimonio de Castroverde anima a todos os socios e público en xeral a enviar as súas propostas para formar parte do catálogo de árbores senlleiras do concello de Castroverde. As propostas pódense enviar ao enderezo da Asociación, ou ben ao e_mail [email protected].

INFORMACIÓN QUE DEBE CONSTAR NAS SOLICITUDES DE INCLUSIÓN NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS:

Datos do exemplar:

Especie ( castiñeiro,carballo, nogueira, etc)

Motivo da Catalogación
(biométrica, rareza, importancia historica, cultural…deberá estar acompañado da documentación disponible do exemplar que xustifique a súa condición de senlleira) .

Descripción /Medidas:
Altura
Perímetro a 1.3 m dende o pé
Diámetro da copa.

Idade de plantación (aproximada, en anos).

Localización:

Localización Administrativa.
Provincia

Concello

Parroquia

Lugar ou paraxe
Localización (respecto dalgún elemento que faga doada a sua localización)

Localización Xeográfica.
( senón é posible, faráse logo a través do SIGPAC)
Coordenadas UTM

Datos do Propietario:
Nome

Enderezo

Teléfono

Fotografías:
(varias dende angulos destintos e de tal xeito que se recollan os detalles máis interesantes e a panorámica xeral de toda a árbore na paraxe)