Roteiro de Furís
Desde a casa de Cantiz en Furís de Abaixo-subir a aldea de Arrubial (Parroquia de Páramo)-Augalevada-Murias-Pena Grande-Capela da Avelleira- Capela de Pereira-Muíños do Castelo-Croa e Croíña de Furís-Volta á casa de Cantiz.
–Ás 10:00h. Saída desde a casa de Cantiz, co roteiro indicado arriba.
– Tempo e quilómetros estimados: Roteiro planificado para todo o día. Distancia duns 10 Kms. Roteiro sen maiores dificultades.
– Comida: Cada quen levará a súa comida e bebida, comeremos no camiño do roteiro. (Levade calzado axeitado, e todo o que vexades preciso)
– Regreso pola media tarde. Dános tempo para ir á noite ao lume novo a onde queiramos, ou ben facelo nós á volta en Furís.
Para facilitar a organización:
Avisar antes do venres, día 22 de xuño de 2007 .
Castroverde -Lugo-, a mediados de xuño de 2007
Deixa unha resposta