BREVE RESUMO XI ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS

O sábado, 26 de maio, tivo lugar o XI Encontro de Asociacións culturais, Arumes de O Corgo, Arcas de Sarria, A Canteira de Neda, Amigos do Patrimonio e os anfitrións, a Agrupación Instrutiva de Caamouco –Ares.

Arredor de as 9,00 horas chegamos a Ares onde nos agardaban os anfitrións.

Embarque no peirao de Ares, para o paseo pola Ría de Ares. Con explicacións exhaustivas do expresidente da Agrupación, Ernesto López Naveiras, a quen agradecemos desde aquí as súas explicacións. Desembarco no peirao de Ares, comezo do Roteiro por Ares, con visita á zona vella, antiga casa Consistorial, visita á Agrupación “Alianza Aresana” fundada en 1904,na cidade da Habana (Cuba), polos emigrantes deste pobo.

Visita á Igrexa de orixe románica de Lubre. Saída de Lubre cara a Ares, pasando pola praia do Raso, visitando Redes para xantar no Club de Tenis.

Pola tarde.-

Actividade musical na Agrupación Instrutiva de Caamouco coa actuación, de Os dous de sempre e as pandereteiras de Redes. Con interpretación de pezas tradicionais moi interesantes, de valses, pasodobres, etc.

Intercambio de agasallos e anuncio de que o XII Encontro, será o vindeiro ano en Sarria.

Rematando coa interpretación do Himno Galego e como colofón, foto de grupo e proba da queimada e torta rechea da zona.

Parabéns pola organización e moitas grazas aos anfitrións organizadores.

Participaron no XI Encontro arredor de 180 perosas.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Manolo