“ The Stone’ s Secrets” é un documental realizado por Dani López no cal nos mostra o proceso de gravación do disco, pero ademais convídanos a unha viaxe en busca dun son e permítenos reflexionar sobre a maxia dunhas construcións cargadas de simboloxía e a relación entre o ser humano e a natureza a través da música. Ambos os proxectos únense para editarse baixo o selo da discográfica galega Dous Acordes. Ademais do disco van editar as partituras de case todas as obras que están no disco. O disco foi gravado no Mosteiro de Santa María de Monfero, Monfero, A Coruña, O documental gravouse entre marzo de 2017 e decembro de 2017. As localizacións do documental son Mosteiro de Sobrado dos Monxes, Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares Guntín, Mosteiro de Monfero, Mosteiro de Caveiro, Igrexa de Cuntis, Parque Natural Fragas do Eume, Costa da Morte. No documental interveñen José Miguel Andrade Cernadas (profesor de Historia Medieval da USC), Fernando Buide do Real (compositor e Doutor pola Universidade de Yale), Javier Cedrón (violinista de Luar na Lubre, violín primeiro da Orquestra Galos e Profesor dean o CMUS da Coruña), Serafín R. Trashorras (investigador histórico). O documental está subtitulado ao Francés e ao Inglés.
https://www.youtube.com/watch?v=530B03AVvho&feature=youtu.be
Presentación: – Deputación de Lugo o 20 de abril. (Salón de Actos 20:30 horas).

Un cordial saúdo