En primeiro lugar, dende a Reserva da Biosfera Terras do Miño e o Organismo Autónomo Parques Nacionales queremos agradecervos o voso interese no programa de seguimento fenolóxico na Rede Española de Reservas da Biosfera.

Como sabedes, a semana pasada realizamos varias visitas a centros educativos das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e tamén celebramos unha xornada de presentación deste programa de ciencia cidadá que consiste en realizar un seguimento continuado de especies comúns de fauna e flora nas reservas da biosfera, co fin de analizar cambios a longo prazo (adiantos ou atrasos) das datas nas que teñen lugar os diferentes feitos biolóxicos que caracterizan ás especies estudadas: migracións, floracións, reprodución, etc.

Esperamos ter sido capaces de explicar este prograAIII_PARAMETROS SEGUIMIENTO FENOLOGIA AIV_MANUAL USO PLATAFORMA WEB Cuaderno Campo Fenologia RB TERRAS MIÑO TRIPTICO-FENOLOGIA-RERBma e motivarvos para que participedes desde os vosos centros ou individualmente. Con este programa educativo pretendemos cultivar a paixón polo estudo e a observación da natureza como base do coñecemento e do método científico, así como contribuír a mellorar o coñecemento que ten a poboación sobre a súa Reserva da Biosfera.

A participación está aberta a todos os observadores que queiran facelo, e se realiza a través da sección habilitada para elo na páxina web da Rede Española de Reservas de la Biosfera (http://rerb.oapn.es/SF/index.php ) na que os observadores só teñen que rexistrarse e introducir os datos de fenoloxía observados na correspondente reserva.

Xunto con este correo, remitímosvos materiais divulgativos para facilitar a implantación do programa en escolas e institutos situados en entornos de Reservas da Biosfera que podedes descargar tamén na web de referencia.

Recordámosvos que existe un programa de premios para os centros educativos e observadores individuais que maior número de rexistros realicen. Este ano, precisamente, resultou premiado o CEIP Plurilingüe de Riotorto, na Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Quedamos á vosa disposición para programar máis charlas nos vosos centros ou realizar unha nova xornada aberta ao público.

Se tedes calquera dúbida, podedes contactar connosco no teléfono 982 227 812 ou no correo electrónico und.medioambiente.

AIV_MANUAL USO PLATAFORMA WEB

TRIPTICO-FENOLOGIA-RERB

Cuaderno Campo Fenologia RB TERRAS MIÑO

AIII_PARAMETROS SEGUIMIENTO FENOLOGIA

Un cordial saúdo,

Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

Deputación de Lugo

Ronda Muralla 140

27004 – Lugo

Tfno: 982 227 812