Enviámosvos información sobre a nova actividade que desenvolveremos o sabado, 24 de febreiro, ás 20 horas no auditorio da Casa-Museo Manuel María. Trátase da peza "Retrincos de Castelao" que protagonizan Isabel Risco e Fran Rei. O texto de Diego Rey é un achegamento ao humor na obra de Castelao, figura fulcral da historia do noso país. A obra fai un percurso polo traballo do noso político e intelectural, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo. A través dun ollo de vidro que dá nova forma á realidade, poderemos ser quen de presenciar a vida das mulleres e homes que habitaron a nosa terra. Grazas ese ollo seremos quen de comprendermos a nosa historia e o noso presente.
O prezo do billete é de 5 euros e pode facerse a reserva anticipada en contacto ou chamando ao tel. 698177621.
Achegamos o cartaz da actividade por se a podedes difundir. Saúdos e grazas.
Antón Laxe. Casa-Museo Manuel María
Deixa unha resposta