“Os ríos na cultura e na economía de Galiza”

Breve resume da conferencia impartida por Daniel López Vispo





Na conferencia de hoxe, mércores, día 18 de febreiro, Daniel López Vispo comezou preguntando ao alumnado, como a mesma conferencia di, que é un río para ti? Todos responderon unha corrente continua, natural de auga, ou respostas similares. Efectivamente algo diso é un río, mais hai que dicir que é algo moito máis complexo. É un sistema de vida. Unha vida diferente, nas diferentes partes do río, nas diferentes épocas do ano, sendo un complexo sistema.

No río hai vida, non só no fondo ou dentro do río, senón nas beiras e en toda a cunca do río.

Os peixes, por exemplo, e non é un peixe, como hai mexilóns no río?, e como soben ás partes altas dos ríos?, como colonizan o río?, pois, pegados aos salmónidos. Mais non só temos peixes, temos insectos, paxaros, roedores; tan só por citar algúns, desde; cabaliños do demo, lavandeiras, pitas da auga, londras ou ratas de auga. Todos eles se foron adaptando ao medio.

Todo isto moi ben, mais de onde vén a auga? Outra pregunta que fixo Daniel e, todos saben, sabemos responder; das fontes,…. da evaporación. Si, si, mais como din os vellos: “Auga non hai máis ca que chove”, dixo Daniel. Resposta que a todos fixo pensar. Un río é toda esa cunca que verte a unha canle que é o río, pero que a auga vén de moitos lugares, e niso ten unha grande importancia a vexetación existente, a paisaxe.



As aplicacións da auga.

Importancia dos ríos na civilización, desde un dos primeiros berces da humanidade, Mesopotamia, ríos, Tigres e Eufrates, pasando polas construcións dos romanos, os acuedutos. A formación das cidades e a evacuación dos residuos nesas mesmas cidades, en todo ten que ver a auga e os ríos.

Importancia da auga na nosa cultura, desde a minería, pensemos nas Médulas, pasando polos mazos, ferrerías, muíños, as moas. Industria dos batáns, para bater (o liño, la, coiro), ou mais recentemente para a produción de electricidade.



Outra das aplicacións. Cultura material e inmaterial.

Na cultura material: pontes, muíños, pescos (os ríos foron unha grande fonte de alimentación na nosa sociedade, prácticamente ata os nosos días), presas de rego, lavadoiros…

Na cultura inmaterial: lendas, contos, literatura, (lembremos a Rosalía), topónimos que teñen que ver co río: Tarrío (Tras do río), Neira de Rei (do río), Fontaneira, (fonte do Neira)… ata a explicación de “ribal”, de ribeira, o veciño que está á beira do río, que hoxe pasou a ter o significado de rival (con /v/ ), como adversario ou contrincante.

Deixamos aquí este breve resume, desexando para os nosos ríos, moita saúde, respeto, coidado e qurencia, e ao noso confereciante, Saúde e Terra. Manolo Muñiz