BREVE RESUMO

II ACTO REIVINDICATIVO DE SOUTOMERILLE

Concerto, cea e roteiro nocturno teatralizado por Soutomerille

para continuar reivindicando este lugar emblemático

Sábado, día 8 de xullo de 2017

Por segundo ano realizamos esta actividade coa actuación do Grupo Tundal, que interpretou diversas cantigas populares pasando polo canto á capela da cantiga “énchenseme os ollos de auga…”

A seguir tivo lugar unha pequena cea e un roteiro nocturno teatralizado polo Grupo Achádego con tres interpretacións; a primeira no cemiterio, que como era de esperar, relacionábase coa morte; o segundo, o bruxo do monte, nos asentos dos mouros, na croa de Soutomerille e, para rematar cun escunxuro especial referindo aspectos, anacos das obras de diversos autores da nosa literatura ( Rosalía, Pondal, Celso Emilio…).

Agradecer a todos/as os/as que participastes, e especialmente, aos Grupos e á Fundación Tic da Deputación provincial. Un agradecemento tamén para os establecementos que colaboraron co desenvolmento da actividade; Carpas Pallín, Alimentos Serra, Queixería Sto. André, Castroverde Carnicería e Panadería Agapito.

Saúde, Terra e Lingua