DE PURA CERNA

DE PURA CERNA é o último libro que o noso colaborador, o escritor e articulista Xosé María Gómez Vilabella, ven de “colgar” na súa blog persoal e que pode ser considerado, salvando as distancias, o auténtico Quixote da emigración a Cuba. A obra, que se presenta en cinco capítulos, pódese lerse uo baixarse de devandito blog de forma totalmente gratuíta. Desta forma xustifica o autor esta obra, dedicada á súa filla Estrela:

Con respecto á nosa emigración, en particular á transoceánica, pásanos o mesmo que coa lúa: A parte de acó, a visible, de tan inmediata que é, que foi, pode ser monótona, e por veces, insignificante. En verbas de Juán Soto, a emigración galega está saturada de rupturas de vínculos, con perda de referentes e de coñecemento directo. En definitiva, que todo, ou case todo, maiormente na parte de aló, foi escurantismo, pois nin eles contaban, nin os da casa lles preguntaban, ¡para canto máis os veciños, as terceiras persoas!

Parabén por esta nova obra, e moitas máis que vingan.