Máis de 20 expertos abordarán o eucalipto nunha xornada aberta ao publico na Deputación
– Hai 132 prazas dispoñibles para asistir a esta xornada que terá lugar o mércores 29, os interesados poden inscribirse a través da web www.deputacionlugo.com, ata completar aforo
–Neste encontro participarán expertos da Universidade, técnicos da Xunta, ecoloxistas, Concellos implicados, representantes do sector da madeira e dos montes veciñais, que expoñerán os diferentes argumentos en torno ao cultivo do eucalipto
O Goberno da Deputación presentou a programación da xornada informativa sobre “A situación do eucalipto na Reserva Biosfera Terras do Miño”, que terá lugar o 29 de marzo no Salón de Actos de San Marcos, coa participación de máis de vinte expertos de diferentes ámbitos. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través da web www.deputacionlugo.com, ata completar as 132 prazas dispoñibles.
A xornada está estruturada en tres mesas redondas, que se celebrarán en quenda de mañá e tarde, cos seguintes títulos: “A política forestal nun territorio en cambio”, “Implicacións ambientais e sociais do eucalipto” e “Propostas de futuro para a xestión”. Os poñentes son expertos da Universidade, do sector madereiro, técnicos e colectivos ecoloxistas, que expoñerán os diferentes argumentos e datos que avalan os diferentes posicionamentos en torno ao cultivo do eucalipto.
O Executivo Provincial decidiu organizar esta xornada a proposta do órgano de participación da Reserva Biosfera Terras do Miño. Ademais, ante a preocupación xerada polo borrador de Decreto da Xunta que prohibe a plantación de eucalipto en 29 Concellos lucenses. Neste contexto, o Goberno da Deputación tamén organizou o pasado mes de febreiro un encontro informativo con 13 Alcaldes dos municipios afectados.
Programación
A xornada está organizada en tres mesas redondas, con múltiples intervencións, que darán paso a un debate final. A programación é a seguinte:
Mesa redonda “A política forestal nun territorio en cambio.” 10:00–12:00h.
Moderador: Pablo Ramil Rego, Director do IBADER – USC.
Participantes:
· Olga Iglesias Fontal, Xefa Territorial de Lugo da Consellería Medio Rural
· Xoan Novoa Rodríguez, Comisario da Confederación Hidrográfica Miño-Sil
· Mario Rouco Rey, Concelleiro e 2º Tenente Alcalde do Concello de Muras
·Manuel Francisco Marey Pérez, enxeñeiro de Montes e profesor doutor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da USC.
· Juan Castro Insua, enxeñeiro agrónomo do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
· Roberto J. Hermida Lorenzo, Presidente Asociación Galega de Custodia do Territorio.
Mesa redonda “Implicacións ambientais e sociais do eucalipto”. 12:30–14:30 h.
Moderador: Jesús Domínguez Conde, técnico do Órgano Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño e profesor doutor da USC.
Participantes:
· Antonio Rigueiro Rodríguez, Vicepresidente de Relacións Institucionais da Asociación Forestal de Galicia
· Adolfo Cordero Rivera, Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo
· Roque Julio Rodríguez Soalleiro, Coordinador do Grupo de Traballo de elaboración das directrices do Plan Forestal de Galicia
· Jacobo Feijóo Lamas, Secretario Xeral da Asociación Sectorial Forestal Galega– ASEFOGA
· Margarita López Blanco, Xefa Territorial de Lugo da Consellería Medio Ambiente e Ordenación Territorial
· Adela Figueroa Panisse (ADEGA)
Mesa redonda “Propostas de futuro para a xestión”. 16:30–18:30 h.
Moderador: Alberto Rojo Alboreca, enxeñeiro de Montes e profesor titular do Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC.
Participantes:
· José Manuel Yglesias Espiño, Presidente da Comunidade dos Montes Veciñais en Man Común de Carballo – Friol
· Daniel Villapol Valea, vogal da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo
· Ramón Reimunde Noreña, Presidente da Asociación de Produtores de Madeira de Galicia, Promagal
· José Manuel Reguera Pereira, Presidente da Asociación dos Productores dos Montes de Castroverde e da Comunidade de Montes de Mirandela
· Representante do Departamento de Conservação da Natureza e Florestas do Norte do ICNF (Portugal)
· María Concepción Blanco Montecelos, representante da Asociación de Mulleres Rurais Fonte da Xonza
Conclusións finais. 18:30 – 19:30 h.
Deixa unha resposta