Prezadas amigas e amigos.
O próximo 17 de febreiro, venres, ás 20.30 hrs, e dentro da programación cultural do auditorio da Casa-Museo, contaremos coa presenza de ALDAOLADO, proxecto poético-humorístico-musical, composto polas poetas MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO, que presentarán o espectáculo Pendanca e oso.
Elas preséntannos os seu espectáculo da seguinte maneira:
Das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitarán neste espectáculo, póndolle moita música e moito humor ao amor máis romántico e ao amor máis miserábel. Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose. Iso é Pendanca e oso, unha fábula que conta e canta o peor e o mellor do currículo amoroso da humanidade.
Achegámosvos o cartaz de dito evento por se for do voso interese. O prezo do billete é de 5 euros e pódese reservar no seguinte correo electrónico, contacto, ou chamando ao teléfono 698177621.
Saúdos desde a Casa-Museo Manuel María
Deixa unha resposta