SEMPRE NA LEMBRANZA PARA O SOCIO E AMIGO SUSO FERREIRO

Non coñecín a Suso ata un ano despois de crearse a Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde. Desde que soubo da súa existencia participou nalgúns roteiros, mais o que me chamou a atención foi que no primeiro encontro, contacto que tivemos en Castroverde de Campos en (febreiro de 2006), alí apareceu Suso, practicamente sen coñecernos, e acompañárannos el e a súa dona a Castroverde de Valladolid (setembro de 2006) e no primeiro encontro no noso Castro Verde (novembro de 2006).

Gustaba de axudar no que podía: fixemos unha viaxe cultural por León e Asturias en (marzo de 2008), e el e maila súa dona buscáronnos onde comer e durmir, facendo ademais de guía pola cidade de León que era onde estaban establecidos.

Sirvan estas palabras de recoñecemento á súa persoa, un "SEMPRE NA LEMBRANZA" e moito ánimo para a súa dona Pili e as súas fillas.

Unha aperta.

Manolo Muñiz en nome propio e da Asociaicón.

Xaneiro de 2017