BREVE RESUMO – ROTEIRO ENTRE AS PARROQUIAS DE MONTE CUBEIRO E BOLAÑO

Nesta fresca mañá de mediados de xaneiro de 2016 comenzamos a camiñata ao pé do cruceiro de A Granda no monte do Touradal, entre Cepomundín, O Barreiro e o Campo, lugares pertencentes á parroquia de Monte Cubeiro.

Puidendo disfrutar, brevemente, da fina capa de neve, desde o cruceiro de A Granda ata San Cibrao, visitando a capela de Sta. Petronila.

No Campo de San Cibrao recibimos explicacións de Ricardo Polín, da historia de Monte Cubeiro; do cruceiro, igrexa, convento e monolito, da situación xeográfica e da influencia que tivo este lugar nas trinta e seis aldeas que conforman esta parroquia, que chegou a contar con 1.200 persoas, unha das meirandes de Galicia, que probablemente hoxe, andará polas 200 persoas; símbolo da decadencia desta parroquia e de Galicia en xeral. Logo de explicar múltiples aspectos e visitar a igrexa, fixo fincapé sobre todo no estado de abandono en que es encontra o conxunto de Monte Cubeiro e o seu convento e, que non haxa ningunha institución, nin civil nin relixiosa que se faga cargo do do estado de abandono en que se encontra.

En Pena puidemos contemplar as penas do Eirado, a fonte da Amoreira, levantada en 1.931, a igrexa e interesantes nichos que, son da mesma época cá fonte. Na igrexa aludiu Ricardo da necesidade de exhumar os restos dos dous decoñecidos que foron enterrados ao pé da igrexa e, polo menos recoller os seus restos nunha furna e colocar unha placa en alusión á súa fatídica morte.

De Pena a Carballedo, por entre Pioute e os Outurós chegamos ao pazo, onde Ricardo Polín nos ilustrou sobre as orixes e familias desta nobre casa e a necesidade urxente de que se interveña nela, agradecer a Ricardo a súas explicacións. Volvemos a insistir na responsabilidade das institucións e particulares no cuidado destas explendorosas obras que nos falan do pasado e potencial da Nosa Terra.

De Carballedo a Bolaño pasando polo lugar de Pozos e por un fermoso camiño chegamos á parroquia de Bolaño, entre a Veiga Seca, a Croa de Bolaño e o Chao do Outeiro.

Pola tarde, despois do xantar, tivo lugar a asemblea xeral ordinaria de 2017 da Asociación, onde se aprobaron contas do ano anterior e se expuxeron proxectos e orzamentos para este ano que corre, rematando ás 19:15h.

Saúde, Terra e Lingua.

A mediados de xaneiro de 2017