A MÚSICA AMOROSA DAS PALBRAS
Prezadas amigas,
Prezados amigos,
Próximo a finalizar un ano tan intenso en propostas e iniciativas de todo tipo arredor da figura e da obra de Manuel María, desde a Casa-Museo queremos pórlle o ramo ao grande e convidarvos, máis unha vez, a festexar estas fecundas Letras Galegas de 2016 cun espectáculo musical gratuíto que se celebrará o vindeiro xoves 15 de decembro ás 20 horas no Teatro Colón da Coruña, a cidade na que Manuel María morou na última etapa da súa vida. Será coa colaboración da Deputación da Coruña.
A música amorosa das palabras traeranos a palabra poética de Manuel María co acompañamento musical de tres das voces máis excepcionais da música galega actual: a de Uxía, a de Xabier Díaz e a de Guillerme Fernández. Todos tres teñen xa musicado a poesía de Manuel María noutras ocasións, sendo especialmente destacábel a contribución da primeira na difusión da obra do poeta a través de distintos traballos musicais aparecidos nos últimos anos.
A entrada para o espectáculo é gratuíta mais con convite (até completar o aforo dispoñíbel). Ditos convites poderanse retirar na billeteira do Teatro Colón o mesmo día 15 en horario de mañá (de 12 a 14 h) ou de tarde (de 17 a 20 h). En calquera caso, amigas e amigos da Casa-Museo temos tamén algúns convites da nosa man por se preferides que volos facilitemos con anterioridade. Se preferides esta opción comunicádenolo neste mesmo enderezo electrónico ou no teléfono 698 177 621 e contactaremos axiña convosco.
Hai creado un evento na rede social Facebook, por se quixerdes difundir o concerto entre os vosos contactos ou convidardes a quen pensedes que pode querer acudir: https://www.facebook.com/events/1078972682201468/
Agardando podermos contar coa vosa presenza o día 15 na Coruña, recibide unha moi cordial aperta
Deixa unha resposta