Cando as barbas do teu veciño vexas pelar pon as túas a remollar
Vén isto a conto de que os de Castroverde imos lanzados, pero os veciños tampouco se dormen: Se somos devotos do noso patrimonio cultural, os outros tamén segan, que acabamos de gozar dun Agosto de seituras, entre outras:
Corgo, coas IV Xornadas sobre Patrimonio: AS CASAS GRANDES DO CORGO, organizadas pola Asociación “Arumes”.
Pol, coas
celebracións da súa imponderable “Leña Verde”, cadora máis madura, máis parnasiana; e o día 24, precisamente a continuación da nosa “Feira de Artesanía”, en Mosteiro a Festa do Emigrante, tributo anual a tantas andoriñas que se foron e volven ao berce pingando emocións, como ben describiu no seu pregón o mestre de periodistas José López García (para os veciños, “Maseda de Cirio”).A Baleira, que saturou os seus vales colgando unhas fotos impresionantes, únicas, na segunda edición da revista “Marronda”, na que me concederon a honra de participar co artigo que me permito escanear seguidamente. (Se o divulgo é simplemente coa intención de serlles agradecido).
Querido José Enrique, nós temos unha torre, pero estes veciños tamén son fidalgos, e honran o seu, como é debido. ¡Con veciños así, é un pracer vivir en Castroverde!Xosé María Gómez Vilabella
Deixa unha resposta