BREVE RESUMO VIAXE POR TERRAS DO BOLO
Sábado, día 15 de outono de 2016
O sábado, día 15 de outono de 2016, as Asociacións Arcas de Sarria e Amigos do Patrimonio de Castro Verde realizamos unha viaxe por Terras do Bolo, visitando: Augasmestas, que non estaba previsto, mais ao noso guía, (Arlindo, da Asoc. Arcas de Sárria, a quen agrdecemos deste aquí as oporatunas explicacións e organización), pareceulle oportuno visitar o lugar onde se xunta os ríos Sil e Lor, de aí o seu nome. Visita a Montefurado, obra dos romanos. De camiño a Viana puidemos ver Petín, Ponte Cigarrosa e a As Ermidas (desde o autobús).
En Viana do Bolo, visita á Praza, Concello e Torre do Castelo. Seguidamente, voltamos para baixar polo Viacrucis das Ermidas e visitar o Santuario, lugar, que pensamos encantou a todos.
Despois do xantar, visita á Torre do Castelo do Bolo e a continuación camiño das Terras de Valdeorras, parada na Ponte Bibei e paisaxe dos Codos de Larourco.
Visita a Póboa de Trives, Igrexa, Praza, Torre do reloxo, Pazo do Marqués de Trives. Para rematar o día, visita a Castro Caldelas; Praza, Castelo e pequenas rúas desta Vila.
Xa sendo noite volta para a casa pola estrada de Monforte e, por falta de luz, non puidemos ver as paisaxes da Abeleda, Embarcadoiro do Sil, sucalcos das viñas da Ribeira Sacra.
Pequena reflexión: viaxe ben interesante que como Castroverdense, sinto envexa, que en maior ou menor medida todas estas vilas, Viana, O Bolo, Castro Caldelas teñen as súas Torres e Castelos conservados e reheabilitados, con erros e acertos, que bo exemplo para as xentes e representantes políticos do noso Castro Verde, cando lograremos nós algo parecido?
Saúde, Terra e Lingua. A mediados de outono de 2016
Máis información:
Se queredes saber maís:
http://montefurado.blogspot.com.es/p/boca-do-monte-tunel-de-montefurado.html
https://gl.wikipedia.org/wiki/Viana_do_Bolo //https://gl.wikipedia.org/wiki/Santuario_de_Nosa_Se%C3%B1ora_das_Ermidas
https://gl.wikipedia.org/wiki/O_Bolo // https://gl.wikipedia.org/wiki/Torre_do_Bolo
https://gl.wikipedia.org/wiki/Ponte_do_Bibei
http://www.apobradetrives.es/index.php
https://gl.wikipedia.org/wiki/Castro_Caldelas
Deixa unha resposta