Estimados/as compañeiros/as:

Comprácenos achegarvos as Bases da Convocatoria dos PREMIOS LUÍS TILVE para o ano 2016.

O prazo de presentación de candidaturas remata o 31 de decembro de 2016.

Os premios serán catro, denominados:

1. Premio “TRABALLO DIGNO”,

2. Premio “ACCIÓN SOLIDARIA”,

3. Premio “DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE E DOS BENS COMÚNS” e

4. Premio “INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN HISTÓRICA”.

Irán destinados a persoas, asociacións ou entidades que merezan ver destacado o seu traballo e premiada a súa labor, como exemplo e factor de estímulo positivo diante da comunidade galega, en relación ós valores que se pretende impulsar.

Esperando sexa do voso interese e que colaborades na súa difusión, recibide un cordial saúdo.

Premios2016.pdf