SETEMBRO

-10 de setembro XXXIX Romaxe

PORTALÉN – Cerdedo

(Comunicar participación antes do 3 de setembro)

Referencia:

https://irimegos.wordpress.com/2016/06/11/xxxix-romaxe-romaxe-2016/

Horario aproximado:

– 8:45 Saída de Castro Verde

– 9:05 h Ronda Muralla – Casa sindical

– 11:00 h. no Monte Seixo – Cerdedo.

XXXIX – ROMAXE DE CRENTES GALEGAS/OS

MONTE SEIXO, CERDEDO (PONTEVEDRA),

SÁBADO, 1O DE SETEMBRO, 2016

“Romeiros do Alén”

Esperámosvos a todas e todos nesta telúrica paraxe, tan humana e socialmente representativa da loita pola sobre-vivencia e a súa conservación!

-Sabede que se chega ao lugar da Celebración tanto en coche como en autobús, (sen problemas).

-No lugar da Celebración atoparemos á venda os textos da mesma, para poder seguila; tamén medallóns de Sargadelos, conmemorativos desta Romaxe, ademais de outros materiais de Irimia.

-Contarase cunha tenda e toldo para degustar o polbo

-A música dos amigos da Quenlla, xunto con outras músicas do lugar, encherán o espazo na Celebración e na festa.

HORARIO DA ROMAXE:

11:00 Acollida de romeiros (cun petisco)

12:00 Celebración “Romeiros do Alén”

14:00 Xantar campestre e solidario

16:00 Festa

18:30 Oración da tardiña en San Xurxo de Sacos,

(Preparan as compañeiras/os de Vigo)