(Fotografía de LARA MANZANO)

Estimad@s compañeir@s:

A Universidade Rural Galega

invítavos a participar no

I Encontro de Dinamizadores do Mundo Rural
que tratará sobre
“Fendas, de Luz e de Sombras,
das Intervencións no Mundo Rural”
.

Animámosvos a asistir xa que será unha oportunidade para compartir as experiencias e poder valorar en conxunto o camiño que estamos a percorrer os que cremos na dignidade e no futuro do mundo rural. O encontro será o

sábado 21 de novembro no Museo Etnográfico da Capela ás 10:30.

Organizadores
:

Universidade Rural do Eume e Universidade Rural Galega.

Obxectivos:
– Compartir análises feitos por xente que vive e/ou traballa a prol do mundo rural.

– Aportar fachos de luz e ánimo para as nosas actuacións.

– Colaborar na consolidación e visibilidade da Universidade Rural Galega.

Lugar e data:
Museo Etnográfico da Capela (A Coruña)
21 de novembro de 2009.

Contido:
10,30
. Apertura e presentación

10,50
. Presentación dos participantes

11,05
Sesión de traballo en Plenario

Fendas na cultura (motiva Alfonso Blanco Torrado da Asociación Cultural XERMOLOS)

Fendas no social (motiva Miguel Teixido, Xerente de EUROEUME).

Fendas na economía (motiva Antonio Fernández Oca).

Fendas na medio ambiente (motiva Xosé María García Villaverde, Secretario Xeral de VERDEGAIA).

13,15
Resumo e propostas finais

Mentras se están producindo os anteriores debates haberá dúas persoas
recollendo o máis salientable, unha as sombras e outra as luces.
Neste momento expoñen as súas recollidas a modo de conclusións
e o plenario poderá facer algúns breves comentarios.
O resultado esperado sería un pequeno documento publicable.

13,50
Acto de Clausura.

14,05
. Xantar

16,30
Visita ó Museo Etnográfico da Capela.


Aínda que nos gustaría, non podemos convidarvos a comer pero temos buscado un sitio bon e barato. Animamosvos a que xantemos todos e todas xuntos, xa que no entorno máis distendido do xantar seguro que o intercambio de opinións seguirá medrando. Necesitamos que nos confirmedes a asistencia e o número de persoas que viredes ó xantar para poder facer o encargo.
Agradeceríamos que fose
antes do martes 17 de novembro
,
nos teléfonos:
981.102.662 / 672.087.656
ou no correo electrónico:
[email protected]


Como podedes ver, será unha xornada para compartir, analizar e valorar conxuntamente as nosas intervencións no mundo rural, a través dos nosos proxectos, traballos e en xeral da nosa vida.
Esperamos a vosa asitencia, imprescindible para enriquecer este encontro de experiencias. Recibide un cordial saúdo.
Secundino García Mera.

(Presidente da U.R.G.)