DIFUSIÓN:
CONVITE: REGATO DO CEPELO E ROTEIRO FIZ VERGARA VILARIÑO
Ola a tod@s:
O día 11 de xuño, ás 19:30, na Casa-Museo Manuel María, faremos a presentación do meu libro "Regato do Cepelo". Na miña profesión, a figura do poeta Manuel María é fundamental. Utilizo a cotío a súa obra como ferramenta de traballo, sendo un recurso imprescindible para realizar unha correcta interpretación do patrimonio natural, material e inmaterial. Este libro ten como obxectivo facilitar o traballo dos meus compañeiros e compañeiras de profesión a través dun maior coñecemento deste espazo concreto, situado na Reserva da Biosfera Terras do Miño, e animalos a que sexan valentes á hora de amosar as riquezas ocultas do noso país, sen complexos e sempre chantados nesta terra nosa. Agardo tamén que serva para que o público en xeral descubra o regatiño que tanto amaba o noso poeta.
O traballo sobre o "Regato do Cepelo" é consecuencia da ruta viva que deseñei no 2012: "Viaxar e vivir con Manuel María" e que xa leva catro anos servindo para coñecer a súa obra e a súa vida.
Xa que logo, lembrade, o 11 de xuño ás 19:30, na Casa-Museo Manuel María, situada na vila de Outeiro de Rei, presentación do meu libro "Regato do Cepelo". Conto con vós, graciñas.
Fernán (Guía de Espazos Naturais).
Email: info
Blog persoal: “Entre azul e bos días”
Facebook: Rutas Vivas
Web: rutasvivas.com
Teléfono: 659774249
Deixa unha resposta