PLANTACIÓN DE ÁRBORES

AUTÓCTONAS NA VEIGA DO OLMO

Neste sábado, día 30 de abril de 2016, diversas persoas defensoras das árbores autóctonas, plantaron unhas ducias de árbores (carballos, castiñeiros, bidueiras ou bídalos, teixos, etc.) como homenaxe aos nosos avós e á diversidade das especies.

Logo da plantación léronse poemas ás árbores de diversos autores.

Achegamos algunhas fotos do acto.