CHARLA INFORMATIVA das Axudas do
Plan LEADER 2007 – 2013


O martes, día 1 de decembro, ás 21:00 h., no Salón de Plenos de Castroverde, tivo lugar a quinta charla informativa do equipo técnico da Asociación Terras de Lugo. Con motivo da presentación á poboación en xeral do funcionamento, e os modos de participación na asociación, así como da convocatoria de Axudas do Plan LEADER 2007 – 2013.
Dicir que o Sr. Xerente, D. Antonio Ventura Figueroa Paz, comezou falando da procedencia dos fondos
sendo cofinanciados a nivel europeo, a nivel nacional e a nivel autonómico. Deixando claro que a Asociación Terrras de Lugo e o intermediario entre / ante os diversos sectores privados e/ou públicos e AGADER.
Dicir que participación foi satisfactoria, participando representantes de Asociacións, veciños e, representantes dos partidos políticos. En total participaron unhas 35 persoas.
Dicir que de Castroverde, forman parte da xunta directiva dúas asociacións, a CMVMC de Bolaño e Amigos do Patrimonio de Castroverde.

Saúde e Terra.
Manolo Muñiz