LEMBRANDO A MANOLO GÓMEZ ARROJO, VICEPRESIDENTE DA ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE

Manolo Gómez Arrojo, naceu na casa de Cantiz, parroquia de Furís de Abaixo Castro Verde.

Levaba a súa casa, a súa parroquia, a Castro Verde e Galicia moi dentro de si e, defendía a súa terra, a súa lingua e a súa cultura, onde fixera falta e diante de que fora.

Aínda que o coñecía de vista, non o tratei ata que soubo que se ía facer unha asociación en Castro Verde, e participou con todo a súa forza na construción da mesma, desde a súa fundación, sendo un dos primeiros socios, xunto a varios veciños, coñecidos que, iamos rematar sendo amigos.

Participou na denominación da asociación, nos Irmandamentos dos Castro Verdes d P. Ibérica, nas actividades do CPI, na traza dos roteiros polo noso concello, en publicacións, na celebración de eventos, o máis significativo a celebración a XXXV Romaxe Irimega celebrada no noso Concello, do que se sentía moi orgulloso e presumía dese feito, defensor da Asociación Terras de Lugo que acabou xestionando o Plan Lider que vén de rematar, da URG, etc.

Quería que saira o seu lugar, o seu concello na televisión e varias veces o conseguiu, na elaboración dun vídeo por parte da Fundación Tic sobre as Terras de Castro Verde, na gravación da súa propia carballeira e, non puido participar xa nos últimos actos que celebrou a asociación, maisfalabamos sempre, despois de cada roteiro ou acto que viñamos de facer. Sempre estaba pendente da asociación e imolo votar moito de falta nas súas opinións, reflexións e valorizacións. Nas horas baixas, de dificultades sempre estaba aí para animar. Houbo momentos duros da asociación onde só el me apoiou e me animou e, mesmo tería disistido se non fose por el, quería deixar a asociación, porque vía que floxeaba, mais non o fixo porque se non dicíalle que eu tamén marachaba, e lamentábase, coma todos, que non houbera xente nova e de relevo, agradeceu que entrase Antonio V. Figueroa na xunta directiva e penso que lle fallou outra xente que quería que o substituiran a el, xa nos gustaría que agora que non está connoso, arrimaran o ombro.

Fóisenos coas gañas de recoñecer o traballo dunhas cantas persoas do concello, xa que non se nomeu o Cronista Oficial, non se recoñeceron Fillos Predilectos ou Adoptivos, non se puxeron en valor certos lugares que el desexaba…, por desidia de quen ten a obriga de realizar estes actos.

Amigo Manolo, dicirche, “SEMPRE NA LEMBRANZA” e adiacarche este poema:

LAIO POLO IRMÁN AUSENTE

Irmán,
olla por nós.
Dende o vento do alén,
olla por nós, irmán.

Irmán,
sigue dándonos hoxe,
como cando vivías,
un rir que estale en lóstregos
de libertade e de xusticia.

Irmán,
olla por nós.
Dánoshoxetamén a forzaenxebre
praloitaxerminal de cada día.
Até que a nosasangueacenda
labaradas en guerra contra a morte,
lumieiras que canten nos outeiros
os poderes da fouce i-os poderes da frol,
os poderes do pranto, do traballo e do pan,
i-os poderes da pólvora viva
que nos arreventa no corazón.
Irmán,
dende a nova semente dos teuseidos
as mocedades d’ouro que soñaras,
olla por nós, irmán, irmán.

Saudade, Terra e Lingua – Marzo de 2016

Manolo Muñiz

Información:

O funeral de enterro tivo lugar hoxe, xoves, no cemiterio de San Froilán e a misa de funeral terá lugar mañá, venres, día 18 de marzo, ás 18:00 h. na igrexa parroquial de A Milagrosa.