ROTEIRO LITERARIO LEIRAS PULPEIRO – VISITA A MONDOÑEDO

Sábado, día 9 de ABRIL de 2016

Pola mañá

9:15 h. Castro Verde

9:35 h. Gasolineira do Carqueixo.

9:40 h.: Parada Bus igrexa de Castelo – Ronda da muralla (Casa

Sindical – Avda. Coruña – Gasolineira S. Rafael (ultima parada).

11:00 h. Recibimento na Alameda dos Remedios ,lugar de celebración da 1ª Festa da Árbore de España (ano 1569, sendo rexedor da cidade Luís de Luaces).

Visita-explicacións do Santuario da Virxe dos Remedios e do Antigo Hospital de San Pablo.

Achegamento ata a Praza de Jaime Cabot , lugar de ubicación dos Xulgados, da Escola de Música, do Auditorio “Pascual Veiga” , do Albergue Municipal do Camiño Norte de Santiago e do Centro Cultural “A Casa da Xente” da Alcántara .

Comezo do Roteiro Turístico Literario “Leiras Pulpeiro”, previa visita o Centro Cultural onde se expoñen paneis biográficos, dedicado os ilustres escritores e músicos mindonienses: Manuel Leiras Pulpeiro, Álvaro Cunqueiro, Noriega Varela, Pascual Veiga e as Imprentas da Cidade.

Continuación do recorrido, con lecturas de poesías polos lugares relacionados coa vida e obra, do insigne médico e escritor: casas vitais e de nacemento, lugares onde traballou (Sociedade de Socorros Mutuos) estudou (Real Seminario) se relacionou (Circulo Recreativo Casino onde fundou a súa Biblioteca) ou a Campa onde está soterrado no Cemiterio Vello e o Parque da Lembranza, onde se plantou un “caxigo e un loureiro” polos centros escolares da comarca na súa homenaxe.

Posibilidade de Visita a outros lugares de interese da cidade: Basílica Catedral e Museo Diocesano, Centro de Interpretación do Camiño Norte de Santiago, Xuderías e os obradoiros de Cantería e Olería do Barrio Artesanal dos Muíños .

14,30 h. Xantar

Participación nunha demostración do “Xogo Tradicional da Chave” a celebrar no Anfiteatro dos Artesáns dos Muíños.

Pola tarde

17 h. Continuación do Roteiro “Leiras Pulpeiro”. Desprazamento en autocar con visitas á Área Recreativa de “A Fervenza” de Viloalle, as Antigas fábricas “Electricista Mindoniense” ( as máis antigas de Galicia 1892-1906) a Fonte de Augas Sulfurosas e a “Pena do Unto” do Castro da Recadieira. Lugares que Manuel Leiras, recomendaba polos seus valores paisaxísticos, etnográficos, medicinais e literarios.

Regreso arredor das 21:00 h.

Comunicar participación antes do día 28 de marzo de 2016

A partir desta data non garantimos reservas.

Prezo: 12 € xantar + 8 € autobús= 20 €