BREVE RESUMO ROTEIRO

POLA TRAZA HISTÓRICA DO CAMIÑO PRIMITIVO

A VACARIZA- VILALLE – CASTRO VERDE

Sábado, día 5de marzo de 2016

Neste sábado que, en principio, non parecía axeitado para facer un roteiro, pensamos que disfrutamos todos, comezamos visitando a cruz da Vacariza que, xa temos reivindicado máis veces, logo de aludir brevemente a ela que na mesma di: “AÑO 1866. AQUÍ MURIÓ JUAN NEIRA DE FONTELA” (ver.. http://cruceirosdecastroverde.blogspot.com.es/2014/11/cruces-e-cruceiros-do-concello-de.html) comezamos a camiñar cunha copiosa nevada, mais cunha fermosa paisaxe, non podendo camiñar pola traza histórica debido a que o camiño estaba impracticable e, tendo que camiñar ao comezo pola traza actual e baixar por unha pista forestal camiño de Vilalle. Segundo nos iamos achegando ía desaparecendo a neve e, puidemos contemplar resto do camiño primitivo, salientar que antes de baixarmos a esta aldea hai un fermosa vista de Castro Verde e parte do concello ata Pena Branca, desde este lugar, por unha fonda corredoira achegámonos a Vilalle e antes de entrar puidemos ver aínda dous castiñeiros centenarios e ir por dous camiños diferentes, mais un deles ía feito un río. Visita á fermosa aldea con escudo nunha das casas dos Gayoso e, deixando a aldea, aínda puidemos ver outro castiñeiro centenario que, xunto aos anteriores ben puideran entrar no Catálogo de Árbores Senlleiras que pretendemos facer no Concellos de Castro Verde. Logo achegámonos á igrexa que, amablemente nola ensinou Manuel da casa do Rocho, a quen lle agradecemos a súa amabilidade e dámoslle as grazas desde aquí. Na igrexa puidemos ver a lápida do enterramento dos Gayoso, repetindo aquí o escudo e cuxa inscrición di: “AQUI ESTÁ ENTERRADO D. ALBARO DE ROIS I GAIOSO, REGIDOR DEL CONDADO DE LUGO …”

Despois da visita seguimos descendendo camiño do Marquesado por un fermosos camiño e corredoira, preto do Marquesado tivemos que achegarnos á estrada de Fonsagrada por que non se podía pasar, aínda que servidor continuou por un fermoso camiño, aínda que impracticable que me levou dereito ao albergue.

Queremos reclamar, unha vez máis esta traza histórica pola parroquia de Vilalle, non se entende porque non se pon en valor este patrimonio paisaxístico, etnográfico. Se recuperamos a traza Histórica do Camiño Primitivo ao seu paso por Castro Verde, tan só se pisaría asfalto no cruce das parroquias e na Vila de Castro Verde.

Saúde, Terra e Lingua