Apreciados socias e socios! Ao tempo que vos enviamos o resume de actividades do ano 2009 e o proxecto para o vindeiro ano 2010; aproveitamos para desexarvos unhas

Boas Festas de Nadal e ano Novo.

Saúde e Terra.

En 2010 a celebración das Letras Galegas está adicada a Uxío Novoneyra, poeta do Courel. Vaia, pois, unha felicitación de Nadal cun poema do poeta que dixo un día:

“COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home…” (1953)

NORDE último

das campanas da neve!

Frol de fumo!

PANOS brancos

esfiañados

da nebra

ouveando polos vales

polos soutos

i as devesas marelas

en busca dun caborco

ou dunha valiña outa

que os acolla

i os faga acougar!

Fiañas da nebra

rubindo

e baixando

á gaiola do aire

polas serras érmedas

e polos soutos despidos

do Nadal!

(Os eidos, 1955)