BREVE RESUMO
ROTEIRO POLA VARIANTE DO CAMIÑO PRIMTIVO – FONTE DO PIÑEIRAL-PARADAVELLA
SÁBADO 12-12-2015
Neste agradable sábado, día 12 do mes de Nadal, participamos no roteiro pola variante do Camiño Primitivo, organizado pola Asociación Pasada das cabras de Burela coa participación das asocacións Terras de Lourenzá e Amigos do Patrimonio de Castro Verde.
A experiencia revelou que esta variante non ten moito sentido pola súa traza “falseada”, xa que non garda relación coas curvas de nivel, levándonos por medio de piñeirais, pastizais e cruzando dúas veces a estrada con perigo para os camiñantes – peregrinos. Tamén nunha subida concreta o camiño vese convertido nun regueiro durane duceas de metros. Mesmo a baixada desde Montouto non lle vemos sentido.
Reclamar desde aquí a Traza Histórica pola Póboa de Burón e o adecentamento e mantemento dos camiños. Non pode estar nestas condicións un Camiño proclamado Patrimonio da Humanidade.
Con este roteiro despedimos este ano.
Saúde, Terra e Lingua
Deixa unha resposta