Desde esta páxina queremos denunciar un ataque máis contra o noso patrimonio, este é un dos multiples atropelos que está a sufrir este lugar emblemático do Camiño Primitivo. No día de hoxe, 10 de decembro de 2015, comprobamos que roubaron a campá da igrexa de Soutomerille (San Salvador).

Non pode ser que ninguha administración se queira facer cargo do que está a acontecer neste núcleo, nin o Concello, nin o Bispado, nin os Servizos de Patrimonio da Xunta amosan o mínimo interese por este lugar.

Reclamamos unha intervención urxente para este núcleo desde as administracións, comenzando pola local e rematando pola autonómica.