III FESTA DE AFIRMACIÓN E A DIGNIDADE

20 de setembro de 2015

Organizado pola : Irmandade Manuel María, Xermolos e Asociación Cultural Avelino Díaz

Hoxe a partir de as 6 da tarde asistimos ao derradeiro acto da III Festa de Afirmación e A Dignidade, na praza de Meira que hai detrás da igrexa e concello, tivo lugar a lectura de varias asociacións reivindicando a dignidade e recital de poesía de Avelino Díaz e Anxo Lamas por parte de diversas persoas; desde dúas nenas, Xosé Otero, Teresa Campo, Xosé Manuel Carballo, Marica Campo, etc.

Música a cargo de Mini e Mero da Quenlla, O Gaiteiro Nubeiro, Raúl Galego, Tino Baz, Grupo Quintas-Canella, pechando o acto a Coral de Riotorto.

Saúde. Terra e Lingua