O PAZO DAS MUSAS, nº 39.xoves, 24 de setembro de 2015, ás 20:00 horas. Monográfico dedicado ao 140 aniversario da chegada do tren a Lugo. Coas intervencións de Xosé R. Veiga, Xesús Fraga, Lois Pérez, Xoán Guerreiroe Vadzim Yukhnevich
Vanse cumprir 140 anos da chegada do tren a á estación de Lugo. Era o 5 de outubro de 1875, o convoi viña desde A Coruña (non se inaugurara a Ponte da Chanca), pero aínda así aquel día foi festa en Lugo por partida dobre: santo patrón e apertura dun camiño de ferro para activar o comercio eas comunicacións locais.
Este número da revista oral “O pazo das musas”, que vai ter lugar o xoves, 24 de setembro, ás 20:00 h., ímolo dedicar monograficamente a conmemorar este aniversario. Contamos coa axuda do historiador Xosé R. Veiga, do xornalista e escritor Xesús Fraga, do pintor de trens e estacións, entre outros temas, Xoán Guerreiro, e coas narracións e sucedidos de Lois Pérez. O músico Vadzim Yukhnevich vai ambientar os escenarios do tren, os sons das máquinas, o “chucu chucu chu” do tren.
Ademais, nestas datas e ata o próximo día 12 de outubro pódese ver na sala de exposicións do MPLugo unha exposicións de xoguetes doutras épocas, nas que os trens son os protagonistas. + info
Horario de visitas
»Museo Provincial de Lugo / »Museo Provincial do Mar
»Museo Etnográfico San Paio de Narla / »Museo Pazo de Tor
Deixa unha resposta