MARZO 2010

Xoves, día 4, ás 19,30 h.
Conferencia de
Manuel Muñiz Besteiro
“O camiño Primitivo na provincia de Lugo”

ás 20,30 h.
Recital de
Miro Casabella
“Romances e cantigas no camiño”
_________

Venres, día 12, ás 19,30 h.
Conferencia de
María Pilar García Negro
“A lingua galega: evidencias e necesidades”
_________

SALÓN DE ACTOS DA
ESCOLA DE FORMACIÓN DO PROFESORADO
(Avda. Ramón Ferreiro s/nº LUGO)

Manuel Muñiz Besteiro
(Vilar-Castroverde, 1959). Licenciado pola USC en Filoloxía Galego-Portuguesa. Profesor de galego no IES “Gregorio Fernández” de Sarria. Presidente da Asociación “Amigos do Patrimonio de Castroverde”. Profundo coñecedor do Camiño Primitivo e organizador de múltiples roteiros. Coautor do catálogo “Érase unha vez Castroverde”

“O Camiño Primitivo pola provincia de Lugo”
Percorrido polas distintas etapas do camiño a través de imaxes e percepcións persoais, con atención a aqueles aspectos ou lugares máis salientables:
– De Grandas de Salime ao Acebo
– Do Acebo á Fonsagrada, coa variante de Pobra de Burón
– Da Fonsagrada á Lastra, da Lastra á Vacariza
– Da Vacariza a Lugo, coas variantes por Vilalle, A Frairía,
Soutomerille, ou Paderne-Romeán (desastres e intervencións
desafortunadas ao pé do camiño).
– O Camiño na cidade de Lugo (da Ponte da Chanca a San Lázaro)
– De San Lázaro a San Román da Retorta (Santa Eulalia de Bóveda)
– De San Román da Retorta a Toques e Melide.

Miro Casabella
(Ferreira do Valadouro 1946). Cantautor cunha longa traxectoria na música galega. Emigrou a Barcelona en 1964 e tomou contacto co movemento da Nova Cançó que o marcaría profundamente. Debutou en 1967 en Barcelona e alí gravou tamén os seus primeiros discos. Formou parte de Voces Ceibes. Na década dos 70 actuou en múltiples escenarios de Catalunya, Francia, Andorra, Portugal ou Galiza xunto a cantautores consagrados como Paco Ibáñez, José Afonso, Georges Moustaki, Ovidi Montllor, Pi de la Serra, ou Luis Cilia, entre outros. Sacou ao mercado 6 discos en solitario, un co grupo DOA e ten participado noutros 7 colectivos.

“Romances e cantigas no camiño”
Miro é un verdadeiro especialista en cantigas da época medieval e relacionadas co camiño de Santiago. De seguro que escoitaremos pezas como o Romance de Don Gaiferos, La Pernette, Romance de Doña Eusenda, ou algunha Cantiga de Afonso X, entre outras.

María Pilar García Negro
(Lugo, 1953). Licenciada pola USC en Filoloxía Románica en 1975 e en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1983. Doutorada en 1991. Foi profesora no IES “Eusebio da Guarda” da Coruña entre 1976 e 1990. Dende 1991 exerce a docencia na Universidade da Coruña.
Entre as súas obras publicadas merecen ser destacadas:
– 33 aproximacións á literatura e á língua galegas (1984,1990),
en colaboración con Xosé Mª Dobarro.
– O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (1991)
– Sempre en galego (1993, 1999)
– O ensino da língua: Por un cámbio de rumo (1995),
en colaboración con Xoán Costa Casas.
– Dereitos lingüísticos e control político (2000)
– Arredor de Castelao (2001)
– De fala a lingua: un proceso inacabado (2009)
Ten publicado así mesmo edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Lamas Carvajal, Emilia Pardo Bazán, Ramón Vilar Ponte, Carvallo Calero, María Mariño, Manuel María, Marica Campo… Forma parte da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Mesa Pola Normalización Lingüística. Presidiu, entre 1983 e 1987 a Agrupación Cultural “Alexandre Bóveda” da Coruña. Foi corredactora da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos e forma parte do seu Comité Científico. Cofundadora do Comité Español do “Bureau Européen pour les langues moins répandues” e delegada do mesmo en Galicia entre 1985 e 1990. Foi Deputada do Parlamento Galego, polo BNG, desde 1989 a 2003. Dirixe a “Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.

“A lingua galega: evidencias e necesidades”
1. ¿Que é unha lingua?
2. ¿Que significa “conflito lingüístico”?
3. ¿Que significa “normalización lingüística”? Motivación, percepción, exercicio.
4. Evidencias da situación actual do galego.
5. Necesidades da lingua galega.
6. Un trío de obxectivos: expandir, diversificar, modernizar

Colaboran:
Deputación Provincial de Lugo. Vicepresidencia 1ª – Área de Cultura
Vicerreitorado do Campus de Lugo.