Breve resumo “Memoria da Chaira enteira”

Nesta tardilña do día 8 de setembro puiden asistir á “Memoria da Chaira enteira”, chegando tan só ao final do acto de levar unha rosa ao cemiterio de Outeiro de Rei, cando se interpretaba o Himno Galego.

Mágoa non poder asistir ao recital de poesía en Penas de Rodas.

A partir das sete e pico tivo lugar a Entrega da Navalla de Manuel María a Lois Diéguez por Felipe Senén presentando o acto Branca Rodríguez Pazos. Coa intervención do propio Lois que nos deleitou coas lembrazas do Manuel e da persoas que coñecía.

Tamén se entregou a Navalla de Manuel María, a xeito póstumo, a Marcial González Vigo por David Otero, e fixo a presentación Xulio Xiz.

Recital de poesía e música por: Gaiteiro Raul Galego, Mini e Mero, Antón Valcarce, Ceibes de Xermolos…

Organizaron o acto a Irmandade Manuel María e Asociación Xermolos.