FIZ VERGARA VILARIÑO.
INAUGURACIÓN Á QUE ASISTIU A ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE
Como sabedes, cada edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño remata en xuño cunha viaxe ás terras do Fiz, a esta Lóuzara, xerme da súa poesía e acubillo dos seus degoiros.
Dende hai dez anos vimos facendo este roteiro como unha homenaxe ao poeta e á súa terra. E de cada vez as palabras do Fiz e a música suben aos outeiros louzarinos dende a Fonte da Cova.
Hai tres anos, na entrega do Premio, e coma um fermoso reto, os artistas plásticos que nos acompañan neste proxecto aceptaron a arriscada idea de “interpretar” plásticamente un poema ligado a un punto xeográfico concreto. E así xurdiu unha aventura que hoxe, xa rematada, converterá este roteiro literario e artístico nun espazo vivo de estudo da obra do Fiz, da plástica galega actual e do medio natural no que está encravado.
(Da web da Agrupación Cultural Ergueitos)
Deixa unha resposta