Xa fai falta imaxinación…
Xa fai falta imaxinación para imaxinarse ao Cardeal Gil
teologando nestas encuastras do convento de Montecubeiro.
Pois así foi, tal cal, que aquí estivo, e aquí madurou gozando da inmensidade e da grandiosidade da natureza desta parroquia, feita por Deus ad hoc para a contemplación e para a meditación teolóxica.
Fr. Manuel García e Gil nacera no ano 1802 na parroquia de San Salvador de Camba, profesando como relixioso de Santo Domingo no convento de Lugo, de onde saíu nomeado vicario ecónomo de San Ciprián de Montecubeiro. Neste cargo estivo desde 1844 ata o 1846, realizando numerosas e importantes obras, especialmente educativas para os seus fregueses, que deron en chamarlle o Santo García, con admiración, agradecemento e incluso devoción. Na parroquia quedou unha cuarteta que o define: “Dios premiou tantas virtudes, / Qu´o seu premio sempr´alcanza/ Ós que traballan na viña, / E os que sudan para labrala”.
Esta sobresaencia acabou prexudicado á parroquia pois pronto chegou a súa sona a Lugo, onde o propuxeron para bispo de Badaxoz, e de alí, no 1859, catapultárono para arcebispo de Zaragoza. Recibiu o cardealado en 1877 e morreu con sona de santo o 28 de abril de 1881.
Os seus escintileos principais puxéronse de evidencia no Concilio Vaticano I, onde foi considerado como o principal teólogo do mesmo. Este concilio tomou ese nome porque se celebrou na Cidade do Vaticano. Fora convocado polo Papa Pío IX, no ano 1869, para enfrontarse ao racionalismo e ao galicanismo. Tivo catro sesións; na primeira, co Decreto de apertura; na segunda, de Profesión de Fe; a terceira concluíuse coa aprobación da Constitución Dogmática Dei Filius, e a última definindo a infalibilidade do Papa en cuestións de fe.
Da teoloxía pasamos ás plantacións dos eucaliptos, (eucalyptus), que, aínda que que nolos trouxo, de Australia, un frade, outro, Fr. Rosendo Salvado, o que é a teoloxía non cheiran.
Xosé María Gómez Vilabella
Deixa unha resposta