É improbable que os musulmáns (árabo-beréberes) chegasen a Castroverde naquela invasión do ano 711. Só pasaron á Península, inicialmente, uns 10.000 beréberes, mandados polos árabes Tarik e Muza, e traían 3.000 cabalos. Con eses efectivos, as nosas montañas, e maila nosa climatoloxía, pasar do Douro para arriba, como non fose para facer algunha razzia (roubos), resultáballes practicamente imposible. Quedáronse na parte Sur – Centro – Levante e Atlántica, da Península, ademais das Baleares, terras ás que chamaron Sbania. Quen veu, pero máis adiante, que ese si que estivo en Lugo, camiño de Compostela, onde roubou as campás, foi Al Mansur (Almanzor).
O que foi certo, que aínda vive por aquí algún vello que o recorda, foi que os soldados de Marruecos, (aos que a xente chamaba vulgarmente “mouros”, ou “mauretanos”, pero iso non é pexorativo nin racista, senón unha referencia á súa cor morena por non saber distinguir razas e/ou procedencias), daquela ao servizo de Franco, pasaron por Castroverde en Agosto do ano 1936, en camións requisados, dirixíronse a Grandes de Salime, que foi o inicio da resistencia ástur na guerra civil.
En calquera caso, as relacións co actual Marrocos, eses veciños do Sur, son intensas, aínda que non sempre satisfactorias. Iso ademais de que hai moitos marroquís traballando en España, principalmente no que foi a súa Sbania. Na globalización do mundo actual cadora é máis necesario saber idiomas, cantos máis, mellor; cultivamos os do aquén do Estreito: portugués, francés, inglés, alemán…, pero do árabe, se quitamos ao ilustre, xa falecido, señor Fórneas, de Sampaio, poucos chegaron a saber algo, nin sequera aqueles quintos das quintas, ¡meus pobres, que en África tiveron sede de todo, menos de idiomas, que lles chegou con castelanizar para que se risen deles algo menos no cuartel! Isto que poño aquí son catro verbas, un pouquiño, coa única intención de que se teña unha noción, tanto dos musulmáns como da su lingua principal, pois tamén teñen dialectos, segundo qué zonas ou países. Vexamos:
O saúdo:
A-Salaam Alaykum = Que a paz sexa contigo. Respondendo:
Wa Alaykum A-Salaam = Que contigo estea a paz.
Algunhas frases e palabras de uso frecuente, tal que nunha viaxe turística:
Bos días = Sabah el kheer; ou, Sabah el nour.
Boas tardes = Masaa el kheer
Boas noites = Layla Sa´eeda
Benvido = Ahlan wa sahlan
Ola = Marhaba, Ahlan
Adeus = B´slama
Como estás? = Kidayr?
Ben = Bikhir
Como te chamas? = Shu ismuk?; ou tamén, Asmitk?
Eu chámome = Ana ismi
Si = Na´am; ou tamén, Eh
Non = La
Por favor = Men fadlak
Grazas = Shukran
Moitas grazas = Shukran jazeelan
De nada = Afwan; ou tamén, Makayn muchkil
Que? = Shno?
Quizais, pode ser = Yimkin; ou tamén, Mumkin
Que pasa? = Ach kayn?
Que desexa, que precisa = Ashno bghiti?
Quero, déame = Bghit; ou tamén, A´atini
Okey, está ben, basta = Safi
Non o sei = Ma´arafch
Tu = Nta
El = Huwa
Ela = Hiya
Como se di? = Kifach katgal?
Que é isto? = Ach hadchi?
Síntoo, descúlpame = Smahliya
Dálle, apura, sigue = Yallah
Falas árabe? = Katahdar el a´arabia?
Falo árabe, pero pouco = Kanahdar el a´arabia shwia
Se Deus quere = Insha´Allah
O Corán = Al Qur´an
A guerra = Jihad
Mahoma = Mohammed, Muhammad
Abraham = Ibrahim
Moisés = Musa
Xesús = Isa
Querida, querido = Habibi, Habib
Os rezos do musulmán = Salat
O xaxún = Saum
Axudar aos pobres = Zakat
A súa peregrinación á Meca = Al Hajj
Deixa unha resposta