¿Que vexo desde a miña ventá?
Aquí vexo o Mons Ciro, o noso “Medullius”.
Todos vemos distinto, xa que distintas son as ventás, para cada sexo, para cada paisaxe, para cada intre das nosas vidas. Pero eu, a tal momento, nesta ventá do meu ordenador, o que non se me vai da vista son eses millóns de hectáreas da nosa fértil Galicia plantadas a eucaliptos cando nunca tanto coma hoxe precisamos das hortas: leitugas do Lukus, patacas de Egipto, mazás de California…
¿Qué foi daqueles trigais do noso Condado, qué pasou coa despensa daquela Galicia grazas a cal Franco mantivo aqueles mouros que reconquistaron Covadonga? ¿Qué se hizo el Rey Don Juán? Los infantes de Aragón, ¿qué se hicieron?
Las dádivas desmedidas,
los edificios reales
llenos de oro,
las vajillas tan febridas,
los enriques y reales
del tesoro;
los jaeces, los caballos
de sus gentes y atavíos
tan sobrados,
¿dónde iremos a buscallos?
¿qué fueron sino rocíos
de los prados?
Manrique, non te esforces, que todo iso, e máis aínda; iso e mais o que veu despois, as grandezas e mailos afumamentos, os despilfarros…, todo pasou, e só nos queda a débeda externa, o paro, a desasistencia social, a corrupción xeneralizada…, pero non me fagas moito caso, pois, como estamos en Semana Santa, deume por reflexionar, por reflexionar e por chorar!
¿Qué terá que facer España para saír destes pecados, destes pecados e destas miserias? Busqueino nos meus libros de Economía, pero están escritos por señoritos da capital, con total ignorancia das posibilidades rurais. ¡Deus, cántos Pilatos, e cos Pilatos os Xudas, amén destes cheiros dos nosos eucaliptos!
Xosé María Gómez Vilabella
Deixa unha resposta