Inauguración exposición "Mans de ferro" .

O vindeiro venres, día 16 de xaneiro ás oito da tarde na Capela de Santa Mª inauguramos a exposición "Mans de ferro" unha pequena homenaxe ós ferreiros da provincia. Nela poderemos ver numerosas pezas de 32 ferreiros, algúns xa xubilados e outros en activo, de diferentes concellos da provincia. Tamén haberá música axeitada á ocasión e poderemos comprobar como as futuras xeracións de xente da provincia está en contacto co tema.

A mostra estará aberta até o 1 de marzo, pero a homenaxe ós ferreiros coa entrega de diplomas de honra só poderá disfrutarse ese día e a esa hora. Agardo que che interese e, se as ocupacións cho permiten, nos acompañes.

Regina Polín