Mañá, xoves, 30 de outubro de 2014, ás 20:00 horas, Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, xunto con Manuel Díaz Regueiro, en representación de IGACIENCIA, convídan@ ao acto inaugural da exposición “Sensores”, que vai ter lugar na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo).
Esta mostra continúa a traxectoriainiciada o pasado ano con Arte e Ciencia e toma como base a idea da exposición Dynamo. Un siècle de lumière et de mouvement dans l’art 1913-2013. Grand Palais. París, de xuño 2013, para dar unha volta de rosca ao movemento na arte, ao cinetismo, integrando sensores e coincidindo así coa temática deste ano do día da Ciencia en Galego desde Igaciencia.
Horario de visitas
»Museo Provincial de Lugo / »Museo Provincial do Mar
»Museo Etnográfico San Paio de Narla / »Museo Pazo de Tor
___________
Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Museo Provincial de Lugo
Tfn.. 982 24 21 12 ext. 27 / info Praza da Soidade s/n
27001 Lugo
Deixa unha resposta