PRESENTACIÓN DE “Un bulto en la mama”
Como ben sabes, o pasado día 19 celebrouse o día contra o cancro de mama, pero esta terrible enfermidade precisa que lle adiquemos a nosa atención todos os días do ano. Dende a Deputación, queremos colaborar cun acto que se celebrará o vindeiro xoves, día 23 ás 17 horas no salón de actos do Pazo Provincial ubicado na praza de San Marcos.
Haberá unha mesa redonda sobre o tema con expertos na materia e presentarase o libro “Un bulto en la Mama” de Teresa Ferreira, unha persoa que sufriu a enfermidade e contou a súa experiencia para axudar e dar ánimos a quen se vexa na mesma situación.
Encantaríame contar coa túa asistencia. Saúdos
Regina Polín Rodríguez