Boa tarde,

O motivo deste correo é o de informarvos sobre o concurso fotográfico que abriremos mañá día 21 de outubro de 2014 como proceso participativo da poboación para a posta en valor do patrimonio dos sete concellos que conforman o noso ámbito de actuación.

Este evento atópase estreitamente vencellado á páxina web de promoción turística que tamén abriremos mañá ao público www.turismoterrasdelugo.com, a través do seu apartado " As 7 Marabillas".

Deste xeito, o concurso consiste na elección do elemento patrimonial máis salientable de cada concello (Castroverde, O Corgo, Guntín, Friol, Outeiro de Rei, Rábade e Lugo na zona rural) mediante unha fotografía representativa do mesmo. Asemade, será preciso acompañar a fotografía dunha xustificación coherente.

Un xurado composto por membros da Xunta Directiva da Asociación Terras de Lugo elixiran unha fotografía gañadora por cada concello, en entre estas, a que levará o premio final de 250 € para mercar material fotográfico.

O único xeito de participar é a través do formulario que atoparedes no apartado "As 7 marabillas"

na seguinte ligazón http://www.turismoterrasdelugo.com/concursofotografia

Animámosvos "a fotografar o territorio" e a que nos axudedes a difundir esta información.

Achéganse a este correo as bases do concurso, as cales pódense descargar dende a ligazón anterior.

Un saúdo.
Asociación Terras de Lugo

Correo-e: terrasdelugo
Avda. da Coruña nº500 (Edificio CEI-Nodus)-27003 (Lugo)

Teléfono fixo: 982.87.10.87
Teléfono móbil: 626.01.41.05
AVISO LEGAL

De conformidade co establecido na Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, comunicámoslle que no suposto de que no desexe seguir recibindo as comunicacións e informacións que ven recibindo mediante este sistema de comunicación electrónica, nolo indique cun correo a terrasdelugo,deste xeito os seus datos persoaiss serán dados de baixa da nosa base de datos. A súa solicitude será accionada nun prazo de 10 días dende o seu envío. No suposto de que nno recibamos contestación expresa pola súa parte, entenderemos que acepta e autoriza que a nosa empresa siga realizando as referidas comunicacións. Este mensaje se dirige exclusivamente a su destinatario y puede contener información privilegiada o confidencial. Si no es vs. el destinatario indicado, queda notificado de que la utilización, divulgación y/o copia sin autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.

De acordo coa Lei Orgánica de Proteción de Datos, se lle informa de que oa seus datos persoais, recllidos en cualquera dos nosos medios, van a ser incorporados a un ficheiro automatizado cuxa finalidade é a xestión administrativa por parte de TERRAS DE LUGO. Ponse no seu coñecemento o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos persoais mediante escrito (adxuntando fotocopia do DNI) dirixido a

ASOCIACIÓN TERRAS DE LUGO– LG. TORRE, 1 SAN MIGUEL DE ORBAZAI – 27297 LUGO – EMAIL: terrasdelugo