Rúa porticada da vila de Arzúa |
Neste sábado, algo gris, mais cunha agradable temperatura para camiñar, aínda que ao final da mañá nos chovera un pouco fomos librando ben. Dicir que nesta camiñata, nesta ocasión fomos poucos os que fixemos este traxecto de Camiño entre Arzúa e Pedrouzo, aquí rematamos onde pensamos continuar o próximo sábado, 9 de abril. Saimos de Arzúa para adentrarnos por lugares entre prados, carballos, eucaliptos… pasando por aldeas e lugares como As Barrosas, Raído, A Calzada, Ferreiros, Suso, Boavista, A Salceda, Brea, Santa Irene, Rúa ata chegarmos a Pedrouzo. Non temos nada en especal que comentar, soamente facer alguna crítica polas numerosas veces que hai que cruzar a estrada Lugo -Santiago, aínda que parece que ultimamente arranxaron algún cruce, comentar tamén que algúns dos peregrinos comentaron que non viñan polo Camiño Primitivo pola nosa Zona (Oviedo-Melide) porque había poucos albergues e servizos, isto tería que servir de reflexión para as autoridades autonómicas, provinciais e locais, mais parece que estas cuestións aos nosos reprensestantes locais destas zonas, interésalles ben pouco o Camiño Primitivo.
Manolo Muñiz
Deixa unha resposta