Na Deputación Provincial
 
 
 
En “lancha” pola Ría de Ribadeo
O pasado dia 27, mércores, a Asociación participou no Km 0 coa visita á olería de Bonxe e á Ría de Ribadeo.

No acto participaron socios ,veciños de Castroverde e catro representantes de Castroverde de Campos -Zamora-, a quen agradecemos que se desprazaran ao noso Castroverde para aproveitar e coñecer a nosa provincia e dese xeito reforzar os lazos dos Irmandamentos entre os Castroverdes da península Ibérica.

En primeiro lugar, fomos recibidos pola Vicepresidenta 1º, Sra. Lara Méndez e seguidamente houbo explicacións sobre a Institución, seguidamente visita á Olería de Bonxe para achegarnos a  Ribadeo, onde xantamos e despois de xantar, demos un paseo en lancha pola ría de Ribadeo, para rematar cunha visita ao casco històrico de Ribadeo.

Pensamos que a actividade serviu para dar a coñecer a Institución e coñecer mellor a nosa provincia.

Saúdos. Manolo Muñiz