Nun caloroso e agradable día, hoxe 2 de outubro, tivo lugar a intervención do “Orfeón Lucense” na Misa de Nosa Señora do Rosario, convidados polo noso socio Manolo da casa de Cantiz, coa axuda e colaboración dos socios, que son membros do Orfeón, César Gómez e Pepe Yáñez, agradecer a todos eles a súa colaboración, mais especialmente a Manolo e familia pola amabilidade en poñer a súa casa á nosa disposición.
Dito isto, comentar que o Orfeón interpretou os cánticos da misa e ao final da mesma tivo lugar a interpretación dun pequeno repertorio, desde a interpreatación “Da que Deus mamou” de Afonso X , O Sabio, pasando por “Vela aí vai” para rematar co “Galopín”.
Ao finalizar e agradecer a actuación do Orfeón, o Sr. Cura párroco anunciou aos veciños que a igrexa de Furís ía ser lousada, polo que pedía aos veciños a colaboración para gardar os obxectos de valor. Benvidas sexan estas obras porque contribuirán á conservación do noso patrimonio. Parabéns aos promotores destas iniciativas, que son os veciños.
Logo da misa foto de rigor e, despois da comida cántigas, cantos populares e temos que salientar ao cantor e regueifeiro, (noso amigo), Álvaro Santos, presidente da Asoc. Terras de Lugo, que nos deleitou coas súas interpretacións e que para nós foi todo un descubrimento, parabéns, amigo Álvaro, dicir que tamén nos acompañou, o xerente de Terras de Lugo, Antonio V. Figueroa. A todos moitas grazas.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz
Deixa unha resposta