Bos días,
 
Para a vosa información remitimos o enlace á Convocatoria de axudas á apicultura convocadas para o ano 2014 pola Consellería do Medio Rural e do Mar, publicada no DOGA do mércores 14 de maio do 2014.
 
Saúdos,
 
Andrea Macho Benito
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Diputación de Lugo
Tfno: 982 260 046 – Fax: 982 260 212
San Marcos nº 8
 
 
ORDE DO 2 DE MAIO DE 2014 POLA QUE SE ESTABLECE O RÉXIME DE AXUDAS Á APICULTURA E SE CONVOCAN PARA O ANO 2014. (DOG, MÉRCORES, 14 DE MAIO DO 2014, Nº 91, PÁX. 21626)
 
 
Destinatarios: a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención destas axudas estar inscrito no rexistro oficial apícola da comunidade autónoma, polo menos con anterioridade ao primeiro de xaneiro do ano 2013. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas na súa maioría por apicultores que cumpran os requisitos da letra a). Un mesmo apicultor só poderá ser beneficiario da axuda por unha mesma actuación de forma única para cada unha das súas explotacións, ben sexa a título individual ou ben como integrante dunha cooperativa ou organización representativa.
Obxecto: Establecer as bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2014.
Convoca: Consellería do Medio Rural e do Mar.
Prazo: Un mes, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.