|
Parte dos asistendes diante da Cova da Valiña |
O sábado, 24 de marzo, membros da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde estivemos facendo unhas dez ou doce gravacións con bolseiros da Fundación Tic por Terras de Castro Verde.
Desde as 9:30 h. ata as 21:00 h. en que rematamos, só parando para xantar. Nas gravacións participaron Felipe Arias Vilas, César Llana, Manuel Varela Gorgoso, Ánxela Gracián, Generosa Torres, Jesús ou Suso Lamela de Rodinso, Paco Pestana, César Gómez, e faltounos, entre outros varios, Ricardo Polín por motivos de saúde, participando eu tamén. Veremos como queda a montaxe!!! Faltaron algunhas referencias do Miradoiro do Pradairo, os sartegos de Recesende e referencias a Soutomerille. Non houbo tempo a máis. Con respecto a este tema, sería interesante que o concello se preocupara en adquirir unhas mil copias ou máis para que unhas cantas se quedara con elas o Concello e outras as distribuira entre as diversas Asociacións, CPI, etc.
Nesta ocasión non faltaron as malas experiencias, xa que case de noite, rematamos gravando en Furís, e puidemos ver, por un lado que están restaurando a igrexa e polo outro mirade que desleixo, que despropósito, que desprezo cara o noso traballo, nós valorando, poñento o territorio en valor e os veciñons botando os plásticos ao carón do Panel principal do Roteiro Furís-Páramo. Que facer? Deixar constancia nos medios, e comunicarllo ao concello? O Sr. Alcalde é da parroquia debería sabelo.
Moitas grazas a todos.
Manuel Muñiz
Presidente
|
César LLana diante da Cova da Valiña |
|
No Pazo de Carballedo |
|
Suso Lamela no seu muiño |
|
Generosa de Torres no Palco da Música de Bolaño |
|
A Torre da Fortaleza |
|
Anxela Gracián |
|
Igrexa de Furís |
|
Capela do Carme |
|
Felipe Arias Vilas |
|
Manuel V. Gorgoso |
|
Lixo e feísmo ao pe do cartaz informativo |
Deixa unha resposta